Alfabetización Enerxética

Dende as actividades e talleres promovidos polo departamento de educación do Concello de Ourense, estes pasados días no Colexio Miraflores Ourense, contamos coa presenza de Leonardo Llamas, arquitecto e especialista en eficiencia enerxética que dende fai varios anos, dende seu estudio de arquitectura Edifico Passivhaus, adícase ao deseño de casas sostibles e “amigables” para o medio ambiente.

A proposta do taller foi a de sensibilizar aos cativos coa importancia da construcción de casas con materiais naturais es sostibles tanto para o medio ambiente como para conseguir un aforro enerxético que contribuirá á reducción de emisións contaminantes á atmósfera e posterior perxuicio para o planeta. Así mesmo promóvese a reutilización tanto de materiais como de recursos coa mesma finalidade.

Os alumnos comprenderon que reducir o consumo, a sostenibilidade e a calidade enerxética van xuntas da man para tratar de mellorar a saúde do noso planeta e que os materiais cos que están construidas as casas son moi importantes para contribuir a recuperación do mesmo.

Related Posts