O último día antes das vacacions non puido ser máis didáctica coas charlas impartidas por Sogama. Catuxa e Laura ademáis de regalos para tódos os rapaces e rapazas que asistiron, trouxeron unha boa dosis de realidade e consellos para todos nós. Tanto alumn@s como profesores aprendimos moitas cousas novas en relación coa reciclaxe, co proceso de separación de residuos e, o que é máis importante, en relación coa reducción do consumo para conseguir disminuir a cantidade de materia orgánica que se xenera nos nosos fogares.
Amosáronnos un pedaciño da planta selectiva de Sogama para que entendamos a importancia de separar ben nos contenedores adecuados e que, así, o proceso de almacenaxe e selección sexa moito máis eficiente e menos contaminante. Quedounos ben claro que sé é importante reciclar, facelo ben é imprescindible.
Para rematar quédamonos coa frase “menos es máis”. Ainda que aplicable a moitos ámbitos da vida, é fundamental neste momento da humanidade no que ó lixo empeza a afogarnos. Sexamos responsables para, con pequenos xestos, consumir menos e lograr da Terra un planeta máis sano.